quarta-feira, 15 de setembro de 2010

Santiago de Compostela - Galicia - Spain

Cámara web con movemento de 360º situada no Parador Nacional. Ofrece imaxes da ría, do Parador, de Panxón, das Illas Cíes, do porto deportivo e do paseo marítimo da vila.    Aqui    -
 No momento apenas direto neste site se pode ver as cameras.

Pontevedra
Ofrece unha panorámica da cidade atravesada polo río Lérez. Albiscamos a Ponte do Burgo e a Ponte Nova, que permiten a conexión entre as dúas beiras do río. A imaxe anóvase cada trinta segundos.     Aqui      -
Lugo (Murallas)
Cámara web situada no Fogar de Santa María, desde onde podemos observar a muralla romana que rodea o centro histórico da cidade, a porta do Obispo Odoario e a torre da catedral ao fondo.     Aqui      -
Praza das Praterías
Casa do Deán, na Rúa do Vilar. Esta edificación, do século XVIII, acolle hoxe en día a Oficina do Peregrino. A imaxe ofrece unha visión da fachada románica de Praterías, unha das portas de entrada máis sobranceiras da catedral.    Aqui      -
A Coruña (móbil)
Cámara web móbil situada nun dos edificios máis altos da cidade desde onde se observan os portos pesqueiro e deportivo, o paseo marítimo, as praias de Riazor e do Orzán, o Obelisco Millennium, a Torre de Hércules, os xardíns de Méndez Núñez e algunhas rúas do centro.-     Aqui     -
Ourense (móbil)
Cámara web móbil situada no centro comercial Ponte Vella. Ofrece unha panorámica das dúas ribeiras do Miño e dalgunhas das pontes que o atravesan: a Ponte Romana, a ponte Nova e a do Milenio. Permite ver ademais o paseo fluvial, o barrio da Ponte e o Parque do Río Miño.    Aqui     -
O Cebreiro
Cámara web situada no albergue de peregrinos do Cebreiro, no Camiño Francés a Santiago, entre as elevacións dos Ancares, O Capeloso e O Courel. A zona ten unha altitude media aproximada de 1300 metros.    Aqui    -
Portomarín
Cámara web con movemento de 180º situada no Concello de Portomarín. Ofrece imaxes da praza Conde de Fenosa, da igrexa de San Xoán e do Camiño de Santiago.    Aqui     -
Bando, San Marcos
Cámara web situada nas instalacións da CRTVG, ao carón do Camiño de Santiago. Amosa o paso dos peregrinos no final da última etapa na súa ruta a Compostela. A imaxe renóvase cada segundo.    Aqui   -
Catedral de Santiago (nave central)
Cámara web situada no lateral dereito da nave central da Catedral de Santiago de Compostela. A imaxe amosa a Capela Maior e ao fondo o Altar Maior co busto de Santiago. Esta figura, repuxada en prata por Montaos no século XVIII, é a que abrazan os peregrinos. Debaixo do Altar Maior están gardadas as reliquias do Apóstolo nunha urna de prata.    Aqui     -
Praza do Obradoiro
Cámara Web situada nunha balconada do Pazo de Raxoi, sede da Presidencia da Xunta de Galicia e do Concello. Á esquerda da imaxe vese o Hostal dos Reis Católicos, á fronte a fachada do Obradoiro da Catedral e á dereita o Colexio de San Xerome.     Aqui   -
Sanxenxo
Cámara web situada no aparcadoiro do porto deportivo Xoán Carlos I. Ofrece imaxes da vila, do porto, de Portonovo e da praia de Silgar. -    Aqui    -
Vigo (móbil)
Cámara web con movemento de 180º situada na azotea do Hotel Bahía de Vigo. Obsérvase a ría, a estación marítima, o peirao de transatlánticos, o porto deportivo, o monte da Guía, a avenida de Montero Ríos e, ao fondo, Moaña.   Aqui   -
Tui
Cámara web móbil situada no Parador de Tui. Albíscase a catedral, o centro histórico e as dúas beiras do Miño.  Aqui    -
Estou postando estas cameras e no site tem outras, vejam que são lindas!!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário